top of page

A CASA DO LAGO

Título orixinal: The lake house
Director: Alejandro Agresti
Guión: David Auburn, Eun-Jeong Kim e Ji-na Yeo
Ano: 2006
Elenco: Sandra Bullock, Keanu Reeves, Dylan Walsh, Christopher Plummer, Shohreh Aghdashloo, Ebon Moss-Bachrach
Xénero: Drama, fantástico, romántica
Orixe: Estados Unidos
Sinopse: Unha doutora chamada Kate Foster comeza a cartearse co arquitecto Álex Wyler, inquilino da casa do lago que Kate abandonou para marchar traballar a un hospital de Chicago. Para sorpresa da doutora, Álex dille que é o primeiro habitante da casa e que antes da súa chegada ninguén vivira nese lugar. Pouco despois ambos os dous descubrirán que se cartean con dous anos de distancia temporal.


bottom of page