top of page

CAUSA XUSTA

Título orixinal: Just cause

Director: Arne Glimcher

Guión: Jeb Stuart, Peter Stone

Ano: 1995

Elenco: Sean Connery, Lauren Fishburne, Kate Capshaw, Blair Underwood, Ed Harris, Christopher Murray, Ruby Dee, Scarlett Johansson

Xénero: Thriller

Orixe: Estados Unidos

Sinopse: Notábel thriller policial onde se confronta un profesor de leis "garantista" cun caso da crua realidade, que remata afectándoo non só a el senón á súa familia. Hai 25 anos que non exerce a profesión, senón que só ensina na universidade, en Boston. Unha estraña circunstancia devólveo á práctica, co propósito de evitar lle execución dun mozo negro acusado de secuestro, violación e asasinato dunha nena branca nun pobo da Florida.

bottom of page