top of page

COMA TOLOS POLO OURO

Título orixinal: Fool´s gold

Director: Andy Tennant

Guión: John Claflin e Daniel Zelman

Ano: 2008

Elenco: Matthew McConaughey, Kate Hudson, Donald Sutherland, Ewen Bremmer, Alexis Dziena, Kevin Hart, Ray Winstone

Xénero: Acción, comedia, aventura, romántica

Orixe: Estados Unidos

Sinopse: Ben "Finn" Finengan está obsesionado por atopar un suculento tesouro do século XVIII. Para a busca, Finn investiu todo o que posúe, incluído o seu matrimonio con Tess e o seu vello barco de salvamento. Xusto cando Tess comeza unha nova vida, traballando no iate de luxo propiedade do multimillonario Negel Honneycutt, Finn descobre unha pista clave para atopar o tesouro. Confiado en que a súa sorte vai cambiar, Finn consegue convencer o magnate e a súa filla, Gemma, para ir na procura do tesouro español. Ata Tess non pode resistirse ao reclamo de descubrir o tesouro que tanto tempo perseguiron.

bottom of page