top of page

SINBAD

Título orixinal: Sinbad

Director: Antón Dobao

Guión: Antón Dobao (Novela: "Se o vello Sinbad volvese ás illas" de Álvaro Cunqueiro)

Ano: 2011

Elenco: Sara Casasnovas, Mariña Sampedro, Luís Castro Zahera, Laura Ponche, Manolo Cortés, César Cambeiro, Antonio Durán "Morris", Mariña Carballal e Camila Bossa, e conta coas colaboracións especiais de Miquel Ínsua e Mela Casal

Xénero: Drama

Orixe: Galicia

Sinopse: Sinbad conta as súas viaxes pasadas, reais ou non, aos seus compañeiros de café e dominó na taberna. O dono desta, Mansur, é viúvo e tén unha filla preadolescente, Sara. Sinbad mantén con ela unha relación moi afectuosa. Acompáñaa ás veces á escola e apréndelle cousas do mar e das estrelas. Sara é a mellor receptora de todos os contos que narra Sinbad.

bottom of page